Jeff Bridges protagonizará no papel do lendário monstro Grendel en Beowulf & Grendel, unha nova película en acción real baseada no clásico poema épico anglosaxón Beowulf, que producirá a Jim Henson Company.
A Jim Henson’s Creature Shop encargará-se do traballo práctico e do deseño das creaturas para esta nova versión baixo a dirección do cineasta Robert D. Krzykowsk.
Bridges úne-se a un impresionante elenco no que xa figuran Dave Bautista (Beowulf) xunto a Bryan Cranston (o rei Hrothgar), Sam Elliott (o Dragón), Thomasin McKenzie (a raíña Wealhtheow) e mais Aidan Turner (Unferth).
Krzykowski dirixirá a partir dun guión adaptado por el mesmo da novela Beowulf & Grendel de John Gardner, que aborda o clásico poema épico dende a perspectiva do monstro que o protagoniza; e nesta ocasión, Grendel conta a súa versión da história.
O veterán guitarrista T Bone Burnett tamén protagonizará e ademais achegará canzóns orixinais de seu para a película. Krzykowski, Brian Henson, Vince Raisa, Jay Glazer, Dennis Berardi e Jon D. Wagner serán os produtores.
A Palisades Park Pictures ten previsto por á venda os dereitos da película no decurso do festival de Cannes, que comeza este martes 14.