Finou Roger Corman

252

Roger Corman, o rei do cinema de série B, cuxos centos de filmes de baixo orzamento lanzaron as carreiras de actores e directores coma Jack Nicholson, Robert De Niro, Francis Ford Coppola ou Martin Scorsese, morreu o xoves na súa casa de Santa Mónica (Califórnia) aos 98 anos de idade.

En total dirixiu 55 películas e produciu 385 ao largo de case sesenta anos na indústria. Entre os seus traballos coma director cómpre salientar clásicos do xénero: The Little Shop of Horrors, X: The Man with the X-Ray Eyes, The Terror, e famosas adaptacións de Edgar Allan Poe coma The Masque of the Red Death, House of Usher, The Pit and the Pendulum e The Tomb of Ligeia.

Coma produtor, entre os seus cretos atopamos Death Race 2000, Piranha, Battle Beyond the Stars, e mesmo o filme The Fantastic Four de 1994.

Corman foi famoso por contratar a mulleres para postos executivos, creativos e na pantalla, nunha época na que os estudos discriminaban por razóns de idade, raza e sexo. Foi asemade cofundador da New World Pictures, fundador da New Concorde e membro durante moitos anos da Académia das Artes e as Ciéncias Cinematográficas. En 2009 foi galardoado cun Oscar honorífico pola súa contribución ao cinema.

Corman deixa súa esposa, a produtora Julie Corman, e súas fillas.