Cage é o novo Spiderman de cinema negro

181

Tal e coma adiantara NOVA FANTASIA o pasado mes de febreiro, ven de se anunciar de xeito xa oficial que Nicolas Cage volverá coma Spider-Man Noir para unha série de acción real da MGM+ que se estreará a través da Prime Video.

A série seguirá a un superheroe envellecido e cano na New York dos anos 30. Neste caso, trata-se dun investigador privado canso e fracasado durante a Grande Depresión, e a série estará ambientada nun universo de seu.

Os aclamados produtores da franquía do Spider-Verso e directores de The LEGO Movie, Phil Lord e Christopher Miller, e mais a ex-xefa dos estudos Sony, Amy Pascal, son os produtores executivos.

Steve Lightfoot (The Punisher) será o co-showrunner xunto a Oren Uziel (The Lost City) coma guionista e co-showrunner.

Cage xa interpretara ao mesmo persoaxe na película de debuxos animados Spider-Man: Into the Spider-Verse, mentres que Milo Ventimiglia tamén lle emrpestou a voz ao mesmo heroe na série Ultimate Spider-Man.