A estrela de Fallout Ella Purnell ven de se unir ao elenco da comédia de terror inglesa The Scurry, que xa se atopa en rodaxe en exteriores do sul de Gales.
Purnell interpretará a unha cuidadora dun parque que debe utilizar as súas habilidades únicas para sobrevivir a unha banda de esquíos asasinos desequilibrados.
A história principal segue a dous controladores de pragas que acuden á cafetaría dun parque rural para investigar un problema rutinário de alimárias, pero ao anoitecer produce-se unha avalancha de esquíos mortais que ocasionan o caos entre o persoal e os visitantes do parque.
No elenco ademais de Purnell atopamos a Rhys Ifans, Paapa Essiedu e Antonia Thomas. Olivia Cooke e Mia McKenna-Bruce tiveron que abandoar o proxecto por mor de conflitos de axenda.
Craig Roberts, responsábel de Eternal Beauty e de Just Jim (prémio especial do xurado no Fantasporto de 2016), dirixe este filme, que conta cun guión de Tim Telling. James Swarbrick e Adrian Bate son os seus produtores.