Oscar Isaac é o Cristo

197

Oscar IsaacOscar Isaac será Xesús Cristo na película de debuxos animados de propaganda cristiá The King of Kings que realizará a compañía sulcoreana Mofac Animation. Forest Whitaker porá-lle a voz ao apóstolo Pedro, e Kenneth Branagh, Uma Thurman e Roman Griffin Davis terán outros papéis. O filme está baseado nun conto póstumo de Charles Dickens titulado The Life of Our Lord, e o mesmo Dickens, a súa família e mais o seu gato aparecerán tamén na pantalla.