A gala dos Oscar

0
348

oscar1A 81ª gala de entrega dos prémios da Académia do Cinema, os populares Oscars, celebrada o pasado domingo á noite non tratou especialmente ben ao cinema fantástico, pero é que tampouco partía con demasiadas opcións. Tan só O Curioso Caso de Benjamin Button gañou tres prémios dos moitos aos que estaba nominada, todos en categorías técnicas.

O filme, que está protagonizado por Brad Pitt no papel dun home que envellece caraatrás, é dicir, que cada vez é mais novo a medida que suma anos, marchou a casa cos Oscars á millor dirección artística, aos efectos visuais e á maquillaxe.

O Cabaleiro Escuro, que partía con oito nominacións, só puido facer-se con dous Oscars, ao millor actor secundário e á edición de són.

E WALL-E, nominada a seis prémios, só gañou o Oscar ao millor filme de debuxos animados.

Pola súa banda, Iron Man, Hell Boy II: O Exército Dourado, Kung Fu Panda e Bolt, os outros nominados, non gañaron ren.

O mais emocionante da noite foi cando a Académia premiou ao defunto Heath Ledger concedéndo-lle o Oscar ao millor acotr secundário polo seu papel do Joker no filme O Cabaleiro Escuro. A nai, o pai e mais a irmá de Ledger aceptaron o prémio no seu nome, após de chegaren xustiños para a cerimónia, xa que viñan dende Austrália.