Título para o Star Wars de Mangold

174

James MangoldHai cousa dun ano soubo-se que James Mangold ía dirixir unha longametraxe de Star Wars que tería lugar na era na que xurden os Jedi, uns 25.000 anos antes dos acontecementos de Star Wars: Episode I – The Phantom Menace. O rumor espallado agora polo produtor Simon Emanuel (responsábel de Rogue One) apunta a que o título será Jedi Prime, e que irá sobre como o primeiro Jedi comezou a usar a Forza no planeta Ahch-To, o mesmo onde Rey atopou a Luke Skywalker.