Simon Kinberg, un dos responsábeis dos X-Men na defunta 20th Century Fox, podería pór-se á fronte doutra popular franquía: Star Trek. O director de Dark Phoenix está a negociar o filme precuela que a Paramount anunciou hai uns días, e que de ter éxito será só o comezo dunha nova saga. Toby Haynes (Andor) fora contratado en xaneiro para dirixir, mentres que a Bad Robot producirá e Seth Grahame-Smith será o guionista.