Galitzine é a face de He-Man

217

O novo proxecto de He-Man ven de se facer con alguén que está ultimamente moi solicitado: Nicholas Galitzine será o protagonista da vindeira película de acción real Masters of the Universe, que dirixirá Travis Knight para a Amazon.

O filme está centrado no príncipe Adam de Etérnia quen, grazas á súa Espada do Poder, converte-se en He-Man e adquire unha forza e unhas habilidades sobrehumanas que utiliza para defender ao seu planeta natal e mais o castelo de Grayskull.

He-Man naceu coma xoguete da Mattel, pero é coñecido sobre todo pola emblemática série de debuxos animados de 1983, que foi adaptada á pantalla grande e mediados da década dos 80.

A nova versión leva en desenvolvemento dende hai moito tempo e pasou por vários estudos e compañías de streaming, con numerosos actores vencellados, incluído Noah Centineo cando o proxecto estaba aínda nas mans da Netflix.

Knight dirixirá a partir dun guión de Chris Butler, mentres que Robbie Brenner, Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch serán os seus produtores.

O filme Masters of the Universe ten prevista a estrea mundial nas salas de cinema o 5 de xuño de 2026 e será a cuarta cuarta película de Galitzine para a Amazon, despois de The Idea of You, a comédia Red, White & Royal Blue e o musical Cinderella.