Skarsgård seguirá sendo Pennywise

146

Bill Skarsgård vai repetir o seu papel de Pennywise, o pallaso monstruoso dos dous filmes IT, na série de precuela Welcome to Derry na Max.

Skarsgård será o protagonista e produtor executivo da série, mentres que o realizador do filme, Andy Muschietti, dirixirá catro dos nove episódios.

O mesmo Muschietti, xunto á súa irmá Barbara Muschietti e mais Jason Fuchs, serán os produtores executivos, ademais de Brad Caleb Kane, David Coatsworth, Shelley Meals, Roy Lee e Dan Lin.

Fuchs escribiu o guión do primeiro episódio e é co-showrunner con Kane. O proxecto está situado no mesmo universo que os filmes, baseados na novela orixinal de Stephen King.

Taylour Paige, Jovan Adepo, Chris Chalk e James Remar son os co-protagonistas da série, que terá lugar várias décadas antes dos acontecementos do primeiro IT, durante o anterior “ciclo” de Pennywise.

A contratación xurde xusto despois de que o actor aparecese nunha entrevista na revista Esquire, criticando á Warner Bros. Pictures por divulgar unha imaxe oficial do persoaxe un ano antes do lanzamento da película, o que orixinou unha chea de críticas á maquillaxe e ao mesmo actor mesmo antes da estrea.