Minecraft en debuxos animados

131

A Netflix ven de anunciar que se asociarán cos estudos de videoxogos Mojang para produciren unha série de debuxos animados baseada na inmensamente popular franquía de Minecraft.

A Netflix estreará a série, da que polo de agora non se deron a coñecer mais detalles, mentres que o videoxogo está a celebrar o seu 15° aniversário.

Pola súa banda, o filme de acción real e gráficos xerados por computadora Minecraft rematou de se rodar hai uns días en Nova Celándia baixo a dirección de Jared Hess, e protagonizado por Jason Momoa, Jack Black, Danielle Brooks, Sebastian Euge Hansen, Memma Myers, Jennifer Coolidge, Kate McKinnon e Jemaine Clement. A estrea será en abril do ano que ven.

Minecraft é un xogo sandbox desenvolvido pola Mojang Studios e lanzado en 2011. Dende entón, converteu-se no videoxogo mais vendido da história, on mais de 238 millóns de cópias a día de hoxe e case 140 millóns de xogadores activos por mes. Os xogadores exploran un mundo de bloques tridimensional xerado procedimentalmente, cun terreo virtualmente infinito.