Move o teu cu a Marte!

0
204

Total RecallDesafío Total, o filme de acción de ciéncia-ficción protagonizado por Arnold Schwarzenegger en 1990 e baseado nun conto de Philip K. Dick, podería estar camiño dun remake.

Neal H. Moritz e a súa empresa, a Original Films, están en negociacións finais para desenvolver e producir para a Columbia unha versión contemporánea do filme, que foi dirixido orixinalmente por Paul Verhoeven.

O orixinal, baseado no conto de Philip K. Dick We Can Remember It for You Wholesale, vai sobre un home perseguido por un soño recurrente no que viaxa a Marte e que seica foi-lle creado por unha empresa que se adica a implantar recordos. O home chega a crér que é un axente secreto e remata nunha colónia de Marte loitando pola liberdade dos marcianos para derrocar ao despótico tirano que controla a produción do áire no planeta.

O filme é un dos clásicos da ciéncia-ficción por moitos motivos: ten unha rifa na que Sharon Stone báte-lle a Arnold no cú, uns efectos especiais do millor, unha prostituta con tres peitos e a famosa frase Get your ass to Mars! (Move o cú cara Marte, na versión en galego). O filme recadou 261 millóns de dólares en todo o mundo e no seu tempo foi a produción mais cara da história.

Moritz confesou á prensa que espera que os avances na tecnoloxía e os efectos especiais de última xeración axuden a narrar Desafío Total dun xeito novo.