Shawn Levy, director de Deadpool & Wolverine, é a principal opción da Marvel para se pór á fronte da nova película dos Vingadores. Seica xa recibiu o último guión de Michael Waldron, pero aínda non deu unha resposta sobre se acepta o traballo, polo que os estudos teñen previsto mentres tanto entrevistar a outros directores. A Marvel ten a intención de rodar o ano que ven, e polo de agora mais de 60 actores regresarán aos seus papéis para a quinta entrega.