Unha auténtica história interminábel

655

A história interminábelSeica un remake do clásico filme de fantasía A história interminábel de 1984 está nos seus primeiros pasos de desenvolvemento nas mans da Warner Brothers pola Kennedy/Marshall Co. (a mesma de O curioso caso de Benjamin Button) e pola produtora de Leonard DiCaprio, a Appian Way.

As duas produtoras estarían en discusións coa Warner para lle dar ao clásico de hai 25 anos un xiro moderno. A Warner adquiriu os dereitos sobre a propiedade recentemente, o que clarexa o camiño para un potencial remake.

Creado a partir dunha novela do escritor alemán Michael Ende, o filme céntra-se no neno Bastian Balthazar Bux, que descubre un mundo paralelo nun libro titulado a história interminábel. Mentres o neno, que non ten amigos, vai profundizando no libro, vai sentindo que a súa vida se mistura co argumento da novela, na que un heroe no mundo de Fantasia debe salvar o universo no nome dunha emperatriz.

O novo filme, que o produtor orixinal Dieter Geissler tamén produciría e Sarah Schechter e Jesse Ehrman supervisarían para a Warner, examinará as partes mais esquecidas do libro que foron pasadas por alto no primeiro filme.

Wolfgang Petersen dirixiu e Neue Constantin produciu o filme orixinal para a Warner, que acadou 20 millóns de dólares de recadación cando foi estreada en 1984. Ainda así, e grazas ao libro no que estaba baseada, a película mantivo unha longa vida nos videoclubes e mesmo chegou a influir nalgúns persoaxes modernos coma Harry Potter.

En 1990 rodou-se unha secuela que dirixiu George Miller e recadou 17 millóns de dólares. A terceira parte, en 1996, saiu directamente ao mercado de vídeo.