Sputore substitúe a Wingard en Godzilla x Kong

113

Grant Sputore dirixirá a terceira longametraxe da franquía Godzilla x Kong da Legendary.

Sputore é un director de anúncios que debutou no eido das longametraxes no filme de ciéncia-ficción I Am Mother, protagonizada por Hilary Swank, pero até a data, esta é a súa única película coma director. Porén conta con outros cretos na indústria, e tamén foi produtor executivo do filme australiano de aventuras The Furnace (2020) e produtor de We Bury the Dead, aínda por estrear, e que está protagonizada por Daisy Ridley.

A contratación de Sputore produce-se após da saída de Adam Wingard, quen dirixiu as dúas entregas anteriores que enfrentaban aos dous monstros. Wingard tiña intención de regresar, pero finalmente decidiu-se por facer un proxecto de seu, o filme Onslaught na A24.

A primeira entrega, Godzilla x Kong, recadou uns meritórios 470 millóns de dólares no médio da pandémia, mentres que Godzilla x Kong: The New Empire este ano chegou xa aos 567 millóns en todo o mundo.

O guión da terceira película é de Dave Callaham (Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings, Spider-Man: Across the Spider-Verse).