O cuarto proxecto de Villeneuve

212

Denis Villeneuve xa mencionara hai tempo que ten catro proxectos sobre a mesa, dos que tres deles eran coñecidos: Dune Messiah, Rendezvous With Rama e Cleopatra, e agora sabemos por fin cal é o cuarto. O guionista Eric Roth (Killers of the Flower Moon) ven de revelar que foi contratado para escribir un guión secreto para Villeneuve, que Roth describiu cripticamente coma unha película sobre o espazo e o tempo:

Veño de escribir unha película para Denis Villeneuve… Veremos o que acaba pasando con ela, pero trata sobre o espazo e o tempo, e é moi solitária. Certamente trata sobre a eternidade“.

Aínda que moitos daban por certo que Villeneuve estaba por adaptar o clásico Rendezvous With Rama de Arthur C. Clarke, seica este filme é unha adaptación do relato curto da autora coreana Bo-Young Kim Dangsineul gidarigo isseo (traducido ao inglés coma I Am Waiting For You). Isto non significa que Rendezvous non se vaia facer, senón que só é ún dos moitos proxectos que Villeneuve está a considerar coma o seu seguinte.

I’m Waiting For You é descrita coma “unha história de amor ambientada no futuro” e ten lugar na década de 2080. O seu protagonista é un home que viaxa a través do tempo nun intento cada vez mais desesperado e improbábel de se reunir coa súa moza. Con todo, pequenos incidentes causan estragos no espazo-tempo, afastándo-o cada vez mais da data da súa voda.