Os Rapaces marcharán despois da quinta

166

A aclamada série de superheroes da Amazon Prime Video The Boys rematará coa súa quinta tempada.

O showrunner Eric Kripke anunciou as novas nas súas contas dos médios sociais, e só un par de días antes de que dea comezo a cuarta tempada este xoves 13.

A Amazon anunciara oficialmente con anterioridade que a série fora renovada para unha quinta tempada, pero nunca mencionou que esa sería a derradeira.

O mesmo Kripke mostrou-se túzaro evitando a pregunta en entrevistas e sen comprometer-se nunca. Con todo agora revelou que a quinta tempada ía ser a derradeira dende o comezo: “ese foi sempre o meu plan; tiña que ser prudente até obtér o visto bó da Vought“. Ademais, prometeu “traer a história a un clímax sanguento, épico e húmido“.

En declaracións aos médios, engadiu: “Cinco é simplemente un bó número redondo. É abondo para contar a história pero ao mesmo tempo para leva-la a un clímax sen esgotar a súa benvida. Ninguén pode ver esta tempada (a cuarta) sen ter a sensación ao remate de que ‘Vai rematar o ano que ven, nonsí?’ Así que é mellor que o anunciemos para que a xente poida ve-la con esa sensación épica de estar chegando ao remate, que é o que espero“.

A série The Boys está sempre entre os dez programas mais vistos nos índices de audiéncia, e xa conta cunha série sucesora, Gen V, que está en produción para a súa segunda tempada.