A Paramount+ ven de se facer cos servizos do gañador dun Emmy e nominado a un Oscar Paul Giamatti (Jungle Cruise, The Amazing Spider-Man 2) coma o principal vilán da primeira tempada da súa vindeira série Star Trek: Starfleet Academy.
O seu papel coma convidado habitual é a segunda grande contratación que se dá a coñecer, despois de que a semana pasada se anunciara que a actriz Holly Hunter sería a protagonista, coma capitá da Académia e Chancelera.
Polo de agora o único que se sabe do papel de Giamatti é que o seu persoaxe é o principal vilán da tempada e que ten unha conexión sinistra co pasado dun cadetes do grupo principal que aínda non foi seleccionado.
Os showrunners Alex Kurtzman e Noga Landau dixeron nun comunicado: “Ás veces tes a sorte de descubrir que un dos mellores actores vivos é tamén un grande fan de Star Trek, e coñecer a Paul foi un deses momentos miragrosos para nós. O puro gozo co que se mergullou en Starfleet Academy só é superado pola gratitude que sentimos de que se una ao noso incríbel elenco“.
A série, que ten lugar no século XXXII tal e coma se viu nas últimas tempadas de Star Trek: Discovery, terá o escenário de rodaxe mais grande xamais construído para unha série de Star Trek, cun adro de dous pisos, e narrará as vidas dos cadetes da Académia Estelar que se adestran para unha carreira a bordo dunha nave espacial da Federación de Planetas.
Gaia Violo, Aaron Baiers, Olatunde Osunsanmi, Jenny Lumet, Rod Roddenberry, Trevor Roth, Frank Siracusa e John Weber son os produtores executivos.