Chegan os Talamasca

190

A AMC ven de encargar oficialmente a produción dunha série que suporá a terceira do seu “Universo Inmortal” baseado nas obras de Anne Rice.

Titulada The Talamasca, a série de seis episódios, dirixida por Mark Lafferty e John Lee Hancock, comezará a se rodar este outono en Inglaterra e se emitirá ao longo de 2025.

A nova série combina un “thriller de espionaxe co sobrenatural” e xira ao redor dos homes e mulleres que forman parte da sociedade secreta do mesmo nome, encargada de rastrexar e conter ás meigas, vampiros, lobishomes e outras criaturas espalladas por todo o planeta.

O grupo foi brevemente presentado a semana pasada a través do persoaxe de Raglan James (interpretado por Justin Kirk) nun episodio da segunda tempada de Interview With The Vampire, actualmente en emisión. Este persoaxe aparece por primera vez no cuarto libro de vampiros de Rice, The Tale of the Body Thief, e é un antigo talamasca.

A outra série ambientada no mesmo universo, The Mayfair Witches, está a rodar arestora a súa segunda tempada en escenários de Irlanda, e podería servir coma ponte entre as outras dúas.