O solpor dos deuses de Snyder

142

Twilight of the GodsA Netflix ven de anunciar o 19 de setembro coma data de estrea da série de debuxos animados Twilight of the Gods, creada, producida e dirixida por Zack Snyder. A série é unha história de mitoloxía nórdica que conta no seu elenco de voces con John Noble, Pilou Asbæk, Sylvia Hoeks, Paterson Joseph e Rahul Kohli. Jay Olivia e Eric Carrasco son os outros creadores e directores da série, na que ademais participan Deborah Snyder e Wesley Coller coma produtores executivos.