Englund porá-lle voz ao Buitre

0
213

O buitreRobert Englund será a voz do Buitre, o primeiro super-falcatruán que se enfrontará a Spiderman na vindeira série de debuxos animados The Spectacular Spider-Man, segundo anunciaron fontes da canle CBS – Warner Network.

Englund é coñecido entre os fans polo seu papel coma Freddy Krueger na franquía de Pesadelo en Elm Street e unirá-se a un reparto que inclúe (alomenos na versión orixinal) a Peter MacNicol coma Doutor Octopus, Lacey Chabert coma Gwen Stacy, Vanessa Marshall coma Mary Jane Watson e Josh Keaton coma Peter Parker.

No episódio de estrea, Survival of the Fittest, Peter Parker regresa ao instituto no seu terceiro ano e deberá enfrontar-se ao seu primero verdadeiro desafío, o que representa o grupo de supermalvados coñecido coma The Enforcers, e tamén ao primeiro vilán, o Buitre.