Aínda que a segunda tempada da série de debuxos animados aínda está no médio da súa emisión, My Adventures With Superman ven de ser xa renovada para unha terceira. A Warner Bros. confirmou a nova no decurso do Festival Internacional de Animación de Annecy, que se clausura mañá sábado. O elenco de voces, no que figuran Jack Quaid (Superman/Clark Kent), Alice Lee (Lois Lane) e mais Ishmel Sahid (Jimmy Olsen) xa dixo con anterioridade que lle gustaría continuar adiante, mentres sexa razoabelmente posíbel.