Matalas regresa a Inimigo Meu

295

Despois do seu éxito entre os fans como showrunner da última tempada de Star Trek: Picard, o guionista e produtor Terry Matalas ven de recibir o encargo da 20th Century Studios de escribir unha actualización da película de culto de ciéncia-ficción de 1985 Enemy Mine.

A história orixinal baseába-se nunha novela curta de 1979 do escritor Barry B. Longyear e ten lugar nun futuro no que a humanidade está en guerra cunha espécie alieníxena reptiliana.

Dennis Quaid e Louis Gossett Jr. interpretaban a un par de pilotos, un humán e outro alieníxena, que despois dun combate estrelan-se nun planeta inhabitado. Mália a carraxe que senten o un polo outro, ven-se obrigados a colaborar e superar os seus prexuízos para sobreviviren.

A película foi un fracaso comercial e de crítica no seu momento, pero co paso dos anos foi-se revalorizando e converteu-se un filme de culto entre os fans.

Tamén foi famosa polos seus problemas entre bastidores, xa que o director orixinal, Richard Loncraine, foi despedido durante a produción. O cineasta alemán Wolfgang Petersen acabou facendo-se cargo da película e tivo que volver a rodar grandes partes, o que provocou que o orzamento orixinal se dispara-se.

Actualmente non hai produtor nin director a bordo do proxecto. Entre os cretos de Matalas atopa-se a série da Syfy 12 Monkeys, e ademais ten previsto dirixir unha nova série para a Marvel Television, con Vision coma protagonista.