Un exemplar do primeiro número de Action Comics, considerado o primeiro cómic de superheroes da história e no que se apresentou a Superman, sairá a poxa nas próximas horas a través de Internet.
Trata-se dun exemplar moi difícil de atopar e moi cotizado polos coleccionistas, xa que o Action Comics nº1 publicou-se en xuño de 1938 e, dende aquela, cóida-se que non sobreviviron moitas mais de cincuenta cópias. Ainda que a poxa organizada na páxina web da Comic Connect comezará o venres por un dólar (78 céntimos de euro), prevé-se que a oferta final sexa moito mais elevada e, de feito, ao gañador oferece-se-lle a posibilidade de pagar en seis meses e sen nengun tipo de interese.
Até o 13 de marzo poderá-se poxar por un cómic que custaba 10 centavos de dólar cando saiu á venda fai mais de 70 anos e que, segundo os organizadores, se atopa en bó estado.
Neste cómic – que daquela era unha antoloxia – apresentou-se por primeira vez a Superman, unha das maiores iconas da cultura pop mundial e o primeiro superheroe da história. Por iso, o Action Comics nº 1 considera-se o primeiro cómic de superheroes xamais publicado, algo que explica a grande atención que produce esta poxa entre os afeizoados ao xénero.
En 1992 vendeu-se outro destes escasos exemplares por 82.500 dólares (64.543 euros actuais). O mercador foi Steve Geppi, presidente da Diamod Comics, o maior distribuidor de cómics, quen en 2003 chegaría a ofrecer até un millón de dolares a quen lle apresentase un destas exemplares en perfeitas condicións.
Catro anos mais tarde, Sotheby’s poxou en New York outro dos cómics creados polo guionista Jerry Siegel e o ilustrador Joe Shuster, e en cuxa mítica portada pode-se ver a Superman erguendo un coche verde mentres dous homes foxen estarrecidos e outro xace case tendido no chan.
Nesa ocasión vendeu-se por 61.900 dolares (48.427 euros actuais), unha cantidade inferior á anterior porque nese caso fora parcialmente restaurado.