Will Smith úne-se á resisténcia

210

O primeiro proxecto de Will Smith após do seu recente éxito con Bad Boys: Ride or Die será un thriller de ciéncia-ficción titulado Resistor que xa se atopa en desenvolvemento pola Sony Pictures.

A película está baseada na novela de Daniel Suarez de 2014 Influx, que ten lugar nunha sociedade distópica na que o governo usa tácticas maliciosas para evitar o avance da tecnoloxía.

O guionista de Bullet Train, Zak Olkewicz, escribiu o primeiro esbozo do guión e Eric Singer (Top Gun: Maverick) escribiu o último. O proxecto de todos os xeitos está aínda á procura dun director.

Todd Black, Jason Blumenthal, Steve Tisch e Tony Shaw serán os produtores xunto a Smith, Jon Mone e Dave Wilson.

As novas chegan xusto despois de que un rumor este pasado fi nde semana se espallara, segundo o cal Smith está a mantér conversas para se unir aos creadores de Westworld e Fallout, Jonah Nolan e Lisa Joy, nun proxecto de série que iría sobre a intelixéncia artificial.