WELL GO USA / The Beast Within. No novo thriller sobrenatural con lobishomes protagonizado por Kit Harington, após dunha série de estraños acontecementos que a levan a cuestionar a vida illada da súa família nun recinto fortificado no profundo da campiña inglesa, a rapaza Willow, de dez anos, segue aos seus pais nunha das súas excursións secretas nocturnas ao corazón do antigo bosque. Pero ao ver ao seu pai sufrir unha terríbel transformación, ela tamén ve-se atrapada polo escuro segredo ancestral que tentaran agochar tan desesperadamente. Ashleigh Cummings, James Cosmo, Caoilinn Springall, Miriam Arabella Maslin e Adam Basil compoñen o resto do elenco. Estrea o 26 de xullo.