PARAMOUNT / Smile 2. Na secuela do filme que sorprendeu nos despachos de billetes en 2022 con 217 millóns de dólares a partir dun orzamento de tan só 17 millóns, só regresa un actor, Kyle Gallner, pero este non será o protagonista. Este papel está reservado a Naomi Scott, quen interpreta a unha cantante de sona mundial que está por comezar unha nova xira. Porén, axiña comezará a se decatar dunha série de terroríficos sucesos, e, presionada polo horror e polo medo, ve-se forzada a se enfrontar ao seu pasado para retomar o control da súa vida. Parker Finn escribiu o guión e dirixe a longametraxe, que esta vez chegará só ás salas de cinema, a partir do 18 de outubro.