RIP Donald Sutherland

230

O querido e emblemático actor Donald Sutherland ven de morrer aos 88 anos, segundo informou a súa família, após dunha longa batalla contra unha enfermidade.

Sutherland comezou a súa carreira como actor en 1960 e, dende aquela non deixou de traballar, acadando un Oscar honorífico, un Emmy e mais dous Globos de Ouro polo camiño.

O seu fillo e tamén actor Kiefer Sutherland eimitiu un comunicado nas redes sociais confirmando a nova:

Co corazón rachado, comuníco-vos que o meu pai, Donald Sutherland, ven de finar. Persoalmente coido que é un dos actores mais salientábeis da história do cinema. Nunca se amedrentou perante un papel, fora bó, malo ou feo. Amaba o que facía e facía o que amaba, e nunca se pode pedir mais ca iso. Unha vida ben vivida“.

Aínda que a súa filmografía é numerosísima e inclúe algúns dos clásicos mais importantes do cinema de todos os tempos, para os fans do xénero fantástico o seu rostro sempre será relembrado coma o protagonista da inesquecíbel Invasion of the Body Snatchers, así coma polas súas aparicións en Buffy the Vampire Slayer, Space Cowboys ou The Hunger Games.