Aphrodite IX quere ir ao cinema

0
185

Aphrodite IXO persoaxe de cómic Aphrodite IX, un cyborg asasino creado en 1996 polo guionista David Wohl e mailo debuxante David Finch, será axiña adaptado a unha longametraxe en 3D. A Threshold Entertainment, a Platinum Studios e mais a Top Cow Productions veñen de axuntar as súas forzas para pasar á pantalla grande a este persoaxe da editorial de cómics Top Cow.

A história de Aphrodite IX é o dunha cyborg con fasquía de muller que despóis de que fora enviada a unha série de misións secretas, acada unha auto-conciéncia e escomeza a procurar as súas orixes, chegando finalmente a atopar unha asociación secreta de cyborgs que están a tentar destruir o governo. Os produtores do filme agardan poder replicar o éxito da película da Universal Wanted que protagonizara Angelina Jolie e que recadou uns 339 millóns de dólares en todo o mundo. A editorial Top Cow foi tamén a responsábel de crear ao persoaxe de cómics de Mark Millar e J.G. Jones e converte-lo nunha franquía para o cinema.

Ainda non se tomaron decisións ao respecto do cásting e os produtores están á procura ainda da actriz que encarnará á fermosa pero letal cyborg.