Seth Green de misión a Marte

0
189

Seth GreenSeth Green foi escollido para protagonizar o filme da Walt Disney Pictures que tentará adaptar a novela infantil do escritor, director e guionista Guy Berkeley “Berke” Breathed Mars Needs Moms.

Green sería Milo, un rapaz que se agocha nunha nave espacial para rescatar á súa nai despois de que esta sexa secuestrada polos áliens. Joan Cusack (Confessions of a Shopaholic) interpretaría á nai de Milo, mentres que a nai de Green en Austin Powers, Mindy Sterling, interpretaría ao líder álien de Marte.

Mars Needs Moms, producida pola Disney e mais pola empresa de Robert Zemeckis, a ImageMovers, contará coa dirección de Simon Wells (The Time Machine) e será un filme rodado coa técnica de captura de imaxes, o que para Green, será o habitual, xa que segundo dixo, está afeito a “actuar nun escenário cos fondos negros, sen disfraces, sen decorados, só actores fitando para os ollos dos outros e tentando que todo semelle real“.