A CBS achegará-nos un Van Helsing moderno

185

A CBS quere sacar adiante un proxecto que fará co famoso cazavampiros Van Helsing o mesmo que fixo no seu día con Sherlock Holmes en Elementary.

Jonathan Lee escribirá o guión dunha nova série titulada Van Helsing e que se centrará nunha interpretación moderna de Abraham Van Helsing, o famoso cazador de vampiros e outros monstros que aparece na novela de Bram Stoker Dracula.

Nesta versión contemporánea, o doutor Abraham Van Helsing utiliza a súa mente inquisitiva para traballar xunto á súa ex-muller, a implacábel axente especial do FBI Mina Harker, para resolveren xuntos os casos mais arrepiantes na cidade de New York.

Rob Doherty (Elementary) será o produtor executivo xunto a Carl Beverly e Sarah Timberman para a Lionsgate Television, despois de que a CBS se fixera cos dereitos da série nunha dura poxa.

Hugh Jackman interpretou ao persoaxe no filme de acción Van Helsing, que foi éxito de público en 2004, e Anthony Hopkins fixo o mesmo papel na película de Francis Ford Coppola Dracula de 1992. Pero entre os actores que se enfrontaron a Drácula tamén hai lendas coma Laurence Olivier, Edward Von Sloan, Mel Brooks e Christopher Plummer. Con todo, o actor mais popular entre os fans foi o lendário Peter Cushing.

En todo caso, cómpre non confundir este proxecto coa série da Syfy Van Helsing, cuxa protagonista era unha descendente de Abraham Van Helsing, Vanessa (Kelly Overton).