NOIR / Bando Stone & The New World. O actor e músico Donald Glover, mais coñecido coma Childish Gambino entre os seus fans, presenta un novo filme que el mesmo dirixiu e protagonizou, e que está vencellado á aparición do seu novo álbum, Lithonia, cuxo primeiro single chegará ás tendas a partir de mañá 2 de xullo. Na película, Glover interpreta a Bando Stone, un famoso músico que vaga por un mundo sen xente, até que atopa a unha muller e mais ao seu fillo. Xuntos deberán atravesar una terra chea de luras xigantes, casuários agresivos, e unhas misteriosas luces no ceo. Polo de agora aínda non hai data de estrea.