Kite Man: Hell Yeah!

300

MAX / Kite Man: Hell Yeah! Esta comédia de debuxos animados para adultos de dez episódios xira ao redor do adorábel perdedor Kite Man e mais a súa nova moza Golden Glider, pluriempregados coma criminosos para financiar a compra do bar más sórdido de Gotham City, un lugar onde todo o mundo coñece o teu nome… pero non a túa identidade secreta. Matt Oberg pon-lle a voz a Kite Man nun elenco onde tamén figuran Stephanie Hsu, Kaley Cuoco, Keith David, Natasia Demetriou, Jonathan Banks, Judith Light e Janelle James. A série chegará ás nosas pantallas a partir do xoves 18 de xullo.