Afraid

296

SONY PICTURES / Afraid. Neste thriller futurista sobre o perigo das intelixéncias artificiais, Curtis (John Cho) e mais a súa família presentan-se voluntários para probar un novo axudante do fogar chamado AIA. Unha vez que os sensores e as cámaras fican instalados, AIA semella capaz de face-lo todo: aprende os comportamentos dos membros da família e comeza a se anticipar ás súas necesidades, pero axiña tamén comezará a sobrepasar os seus límites, asegurando-se de que nada, nin ninguén, se interpoñan no seu camiño. Escrita e dirixida por Chris Weitz, a fita chegará ás pantallas de cinema a partir do 30 de agosto.