Exposición de cinema fantástico en Madrid

0
176

A kryptonita nas mans de Lex LuthorA kryptonita de Superman ou as mans de Johnny Depp en Eduardo Manstesouras están ao alcance de calquera cinéfilo na sala de exposicións Mejía Lequerica de Madrid, onde dende onte día 6 se amósan-se mais de 100 obxectos orixinais do cinema fantástico pertencentes á colección privada de Maite Mínguez Ricart.

A exposición Viaje Fantástico, que estará aberta ao público até o próximo 16 de marzo, é unha das actividades paralelas á quinta edición da Mostra de Sci Fi de Cine Fantástico.

Este ciclo cinematográfico proxecta dende onte e até o próximo domingo no cine Palafox de Madrid os novos filmes de Michel GondryRebobine, por favor -, George RomeroO diário dos mortos – ou Park Chan-wookI’m a Cyborg, but that’s ok -, entre outros títulos inéditos nas salas comerciais españolas.

A paixón de infáncia polo xénero fantástico” levou a Maite Mínguez Ricart a coleccionar mais de 1.800 pezas de “probada autenticidade“, coma as máscaras de Batman, Freddy Krueger ou Jason, o asasino de Venres 13, que conseguiu viaxando por todo o mundo e en prestixiosas casas de poxas como Sotheby’s ou Christie’s, explicou ela mesma en Madrid. Unha afeizón reconvertida en interese profisional desde que Mínguez Ricart criou fai 20 anos unha fundación que lle introduciu no campo da produción e distribución cinematográfica.

Agora procuramos pezas de cinema español“, dixo a coleccionista, quen asegura que a peza que mais lle custou adquirir na sua extensa selección de obxectos foi o guión orixinal de E.T. O extra-terrestre e que, a mais cara, é unha das máscaras que utiliza Arnold Schwarzenegger en Terminator, xunto ás mans de Johnny Depp en Eduardo Manstesouras.

As caretas orixinais empregadas na versión de O planeta dos símios de 1968, unha réplica oficial do casco de Darth Vader ou a máscara de madeira que enmeigou a Jim Carrey e a Cameron Diaz no filme de 1994 que lles deu a fama son outros dos alicientes desta exposición.

A Mostra de Sci Fi de Cinema Fantástico tamén inclúe no seu programa Gran home do Xapón, de Hitoshi Matsumoto; Penelope, protagonizada por Christina Ricci, Reese Whiterspoon e James McAvoy; As crónicas de Spiderwick, de Mark Waters, e unha selección de curtas da Semana de Cinema Fantástico e de Terror de San Sebastián 2008 para pechar con A néboa de Stephen King, de Frank Darabont.