Re-Animator en 3D

0
173

Re-AnimatorO produtor Ray Haboush está a desenvolver un remake en 3D do filme de Stuart Gordon Re-Animator, unha película de 1985 que se converteu axiña nun clásico entre os amantes do gore e que ten mais de comédia que de terror.

Brian Yuzna, produtor do filme orixinal e director das súas secuelas, será quen desenvolva este proxecto xunto con Haboush para as empresas Automatic Media e Halcyon International Pictures.

Baseada nun conto do lendário escritor de terror H.P. Lovecraft, o filme orixinal ía sobre o doutor Herbert West (Jeffrey Combs), un médico expulsado dun instituto suízo que se muda a Nova Inglaterra para poder continuar os seus experimentos, que tentan atopar unha fórmula perfecta para revivir aos mortos.

Ainda non se sabe se Combs regresaría ao papel de protagonista ou se poderá facer un cameo.