O actor e cómico Kumail Nanjiani podería ser o elixido para interpretar o papel do superheroe Booster Gold no novo Universo DC de James Gunn. Nanjiani, coñecido polos fans da Marvel por facer de Kingo no filme Eternals, protagonizaría a série de seu Booster Gold, que aínda que se anunciou en xaneiro do ano pasado, entrou só agora na vía rápida de produción. Polo momento aínda non hai confirmacións nin desmentidos oficiais.