Joker: Folie à Deux

139

WARNER BROS. / Joker: Folie à Deux. A agardada continuación de Joker, filme gañador do Oscar en 2019, e que recadou mais de mil millóns de dólares nos despachos de billetes coma a película clasificada para maiores mais exitosa de todos os tempos. A nova longametraxe está protagonizada por Joaquin Phoenix unha vez mais no seu dobre papel como Arthur Fleck / Joker, xunto a Lady Gaga. Fleck é institucionalizado en Arkham á espera de xuízo polos seus crimes coma o Joker. Mentres loita coa súa dobre identidade, atopará non só o amor, senón tamén a música que sempre estivo dentro del. Dirixida por Todd Phillips, chegará ás pantallas de cinema a partir do 4 de outubro.