AMAZON PRIME VIDEO / The Lord of the Rings: The Rings of Power – 2ª tempada. Sauron regresou. Expulsado por Galadriel, sen exército nin aliados, o nacente Señor Escuro debe agora confiar na súa astúcia para reconstruír a súa forza e supervisar a creación dos Anéis do Poder, que lle permitirán atar a todos os povos da Terra Média á súa sinistra vontade. Os nosos protagonistas verán-se mergullados nunha marea de escuridade, que desafía a cada un a atopar o seu lugar nun mundo cada vez mais ao bordo do desastre. O 29 de agosto comezará a segunda tempada.