Anton Yelchin en Lanterna Verde?

0
201

AntonMentres o nominado a un Oscar Ryan Gosling e mais o xove actor Emile Hirsch van pasando do proxecto, agora os rumores apuntan a que Anton Yelchin (Terminator Salvation) podería ser o novo protagonista da futura adaptación do persoaxe da DC Comics Lanterna Verde á pantalla grande.

A nova constituiría unha sorpresa porque o rapaz Yelchin, ainda que obtivo boas críticas polo seu traballo en filmes anteriores, non é un nome ainda familiar para os afeccionados ao cinema e este filme pretendía ser un proxecto moi importante e mesmo xerar unha franquía para o persoaxe.

Ademáis o persoaxe que se pretende desenvolver é o de Hal Jordan, un piloto de probas que se converte nun superheroe cósmico, o que non é moi doado de adaptar para un actor que estea por baixo dos 25 ou 30 anos. En calquera caso, Yelchin é polo de agora só ún dos moitos actores novos que están a se considerar para interpretar a Lanterna Verde, xa que seica o que pretenden os produtores é facer unha nova oferta a Gosling para que reconsidere a súa negativa de participar nesta adaptación de superheroes.

Yelchin ten un papel salientábel en dous filmes fantásticos que ainda están por se estearen: Kyle Reese en Terminator Salvation e mais o novo Pavel Chekov en Star Trek.

O único confirmado polo de agora é o nome do director, Martin Campbell (Goldeneye, Casino Royale). A produción ten previsto escomezar a se rodar este ano coa vista posta nunha estrea o 17 de decembro de 2010.