A AMC anunciou onte que The Walking Dead: Daryl Dixon, a série spin-off de The Walking Dead, ven de ser renovada para unha terceira tempada, e que ademais a situación dos escenários de rodaxe desprazará-se dende Franza a España.
A produción dos novos episódios comezará o mes que ven e terá a súa base en Madrid, con rodaxes adicionais previstos en Galiza, Aragón, Cataluña e Valéncia.
Na terceira tempada, Carol (Melissa McBride) e Daryl (Norman Reedus) continúan a súa viaxe cara o seu fogar e os seus seres queridos. Loitando por atopar o camiño de volta, atravesarán terras afastadas con condicións cada vez mais distintas e descoñecidas, mentres son testemuñas dos efectos do apocalipse zombi.
Scott M. Gimple, o supervisor da franquía, afirmou que será un “recuncho oculto, fermoso e horríbel” deste mundo roto. Tanto Reedus coma McBride volverán aos seus papéis de Daryl e Carol respectivamente.
As novas déron-se a coñecer onte no decurso dun panel da Comic-Con de San Diego no que se presentou a segunda tempada da série, que ten previsto o regreso para o 29 de setembro e no que por fin os dous persoaxes protagonistas axuntarán-se de novo.
A primeira tempada, que foi a estrea número 1 de todos os tempos no servizo de streaming da AMC+, chegará á Netflix este 19 de agosto.