O ascenso dos Rapaces

188

A Amazon Prime Video ven de anunciar que encargou a produción de Vought Rising, unha série precuela de The Boys e que verá o regreso de Jensen Ackles coma Soldier Boy e Aya Cash coma Stormfront.

A nova anunciou-se onte no decurso dun panel na Comic-Con de San Diego, onde Ackles fixo unha aparición en persoa no escenário do Salón H. Pola súa banda, Cash tamén apareceu a través de vídeo conferéncia despois de se revelar a chegada da nova série.

Ambientada na década dos anos 50, Vought Rising terá lugar na cidade de New York e narrará os “humildes pero diabólicos” comezos da compañía Vought. Cash xa apareceu na segunda tempada e Ackles na terceira da série principal The Boys.

Vought Rising xa comezou a se escribir e unirá-se á súa compañeira spin-off Gen V, cuxa segunda tempada está en fase de produción e ten prevista a estrea para o ano que ven. No panel revelou-se asemade que nela, Chace Crawford fará un cameo coma The Deep.

Polo de agora aínda non hai datas para o comezo da rodaxe da nova série nin cando poderemo-la ver na tele. A quinta e derradeira tempada de The Boys ten pola súa banda previsto comezar a se rodar xa a finais deste ano.