Mutant Year Zero nun filme de seu

138

Dolph Lundgren e Ian McElhinney formarán parte do elenco de voces dunha longametraxe de debuxos animados baseada no videoxogo Mutant Year Zero: Road to Eden.

O cineasta Hasraf ‘HaZ’ Dulull (The Beyond) será o produtor e director. Dulull leva vencellado a este proxecto xa dende hai catro anos.

A história ten lugar nun mundo postapocalíptico no que unha insólita equipa de animais mutantes, liderada por un enxeñoso pato e mais un rudo porco bravo, emprende unha perigosa misión.

O seu obxectivo é recuperar o Arca, un xerador esencial roubado do seu santuário. Xuntos, os animais descubrirán unha verdade mais profunda tras as divisións do Arca. Deberán enfrontar-se ao asoballante réxime do Ancián e descubrirán segredos que poderían cambiar a súa distópica existéncia.

O videoxogo, orixinal da Funcom, é un RPG táctico por roldas e lanzou-se a finais de 2018. Aínda que obtivo críticas en xeral moi positivas, non foi un grande éxito daquela.

Dulull comezou a súa carreira coma supervisor de efectos visuais en filmes coma The Dark Knight e Hellboy 2: The Golden Army. Para esta ocasión, os debuxos animados farán-se usando o programa Unreal Engine 5.