SKYDANCE / Spellbound. A historia vai sobre unha tenaz princesa (Rachel Zegler) que debe emprender unha arriscada procura para salvar á súa família e o seu reino despois de que un misterioso meigallo transforme aos seus pais (Nicole Kidman e Javier Bardem) en monstros. Vicky Jenson (Shrek) dirixe a partir dunha partitura orixinal do compositor gañador do EGOT Alan Menken e letras de Glenn Slater. No elenco figuran ademais John Lithgow, Jenifer Lewis, Nathan Lane e Tituss Burgess. A estrea na Netflix será o 22 de novembro.