Fantasporto prémia ao cinema español

1337

O poster do filmeA película Rec, producida pola Filmax e por Castelao Productions, e dirixida por Jaume Balagueró e Paco Plaza, obtivo o grande prémio do Festival de Cinema de Porto (Fantasporto) na sua 28ª edición clausurada onte e acadou ademáis o prémio do público.

No festival foron tamén premiados os filmes españois O Orfanato, producida polo mexicano Guillermo del Toro, e A Habitación de Fermat, dirixida por Rodrigo Sopeña e Luis Piedrahita.

O Orfanato acadou o prémio de realización para o seu director, Juan Antonio Bayona, e o de millor actriz para Belén Rueda, mentres que A Habitacion de Fermat gañou o de millor argumento e mais o prémio especial Mèlies de Prata.

O galardón principal da sección oficial do Festival de Cinema Fantástico de Porto recaiu sobre o filme de Balagueró e Plaza premiado xa o mes pasado co Goya da Académia de España á millor actriz revelación pola interpretación de Manuela Velasco.

En outubro Rec obtivera tamén en España dous prémios do Festival de Sitges o millor director e a millor actriz e, en xaneiro, gañou outras dúas distincións en Franza no Festival de Gérardmer.

O filme, una absorbente fita de terror que parte do mundo dos programas de televisión en directo, será distribuida comercialmente en Portugal, segundo anunciaron os organizadores do Fantasporto.

No festival luso foi premiada tamén Opium, Diary of a Madwoman, do húngaro Janos Szasz, nas seccións Semana de Realizadores, prémio Manoel de Oliveira e millor actriz a Kirsti Stubo.

A 28 edición do festival de Porto otorgou ademáis ao portugués Bruno de Almeida, un prémio especial do xurado por The Lovebirds, mentres os cineastas de Hong-Kong Ringo Lam, Johnnie To e Tsui Hark venceron na sección Orient Express, adicada ao cinema asiático, co seu filme Triangle.

A listaxe de galardóns incluiu además How to Get Rid of Others, do danés Anders Klarlund, e Breath, do sulcoreano Kim Ki Duk, con prémios especiais do xurado nas seccións de realización e Orient Express.