Smoove planea a série High on Life

111

O actor cómico JB Smoove, gañador dun Emmy en 2021 e coñecido sobre todo polo seu papel na série de Larry David Curb Your Enthusiasm, está listo para producir e potencialmente protagonizar unha comédia de debuxos animados baseada no videoxogo de 2022 High On Life.

Esta disparatada mestura de shooter en primeira persoa e Metroidvania desenvolve-se nun mundo de ciéncia-ficción con pistolas falantes. Nel, o destino da humanidade está en perigo despois de que un cártel alieníxena descubra que os humanos son a droga mais potente do cosmos.

Smoove xa forma parte do elenco de voces do xogo xunto a Jack Black, Susan Sarandon, Thomas Middleditch, Echo Kellum, Jennifer Hale, Tim Robinson e Wayne Pygram, entre outros.

High On Life foi unha ideia orixinal do co-creador de Rick and Morty Justin Roiland, e aínda que recibiu críticas dispares no seu lanzamento, conta con mais de oito millóns de xogadores en todo o mundo.

A Alternate Side Productions, a Squanch Games e mais a Striker Entertainment están a desenvolver o proxecto con Russell Binder e Mandy Bardisbanian como produtores executivos. Alec Robbins, o director narrativo do xogo, tamén participa na série.