Megan Fox, dúas fantásticas

Megan FoxA guapa protagonista de Transformers, Megan Fox, está en conversas finais para participar coma actriz principal en dúas novas adaptacións de obras do cómic ao cinema, o western fantástico Jonah Hex para a Warner Bros. Pictures e mais a aventura submariña Fathom para a Fox Atomic.

En Jonah Hex Megan Fox faría de Leila, unha pistoleira e namorada de Hex (Josh Brolin), o cazarrecompensas que está a perseguir ao practicante de vodú interpretado por John Malkovich, o malvado que quere erguer un exército de zombis para liberar ao Sul dos Estados Unidos durante a súa guerra civil.

Dirixida por Jimmy Hayward, a rodaxe deste filme escomezará o mes que ven e contará coa produción de Andrew Lazar e Akiva Goldsman.

Pola súa banda, Fathom vai sobre unha muller nova chamada Aspen que se decata de que é membro dunha raza de humanoides acuáticos que teñen o poder de controlar o auga.

O creador do videoxogo Prince of Persia Jordan Mechner adaptará este cómic, orixinal do artista recentemente finado Michael Turner. Peter Safran será o produtor xunto a Steve Bessen e Brian Austin Green.