Cartas Telepáticas

78

BANDO À PARTE / Cartas Telepáticas. O cineasta experimental portugués Edgar Pêra revive a dous xigantes da literatura, Fernando Pessoa e H.P. Lovecraft, no seu último traballo, Cartas telepáticas, no que explora as conexións filosóficas e artísticas entre ambos. Esta peculiar película, creada integramente con intelixéncia artificial, fusiona literatura, tecnoloxía e mais cinema. O uso que fai Pêra da IA para xerar os efectos visuais dá como resultado unha estética surrealista coherente coa súa obra. A película proxectou-se fóra de concurso no Festival de Cinema de Locarno (Suíza) esta pasada fin de semana.