Teacup

82

PEACOCK / Teacup. A Peacock presenta a súa nova série de ciéncia-ficción e terror Teacup, cuxa produción executiva corre a cargo do mestre do terror James Wan. Baseada no libro supervendas Stinger de Robert McCammon, a série narra a história dun grupo de habitantes da Georgia rural que deben unir-se ante unha misteriosa ameaza para sobreviviren. O libro orixinal trataba de dous aliens, un rebelde e outro cazarrecompensas, que chegan a unha vila mineira de Texas. Yvonne Strahovski, Scott Speedman, Chaske Spencer, Kathy Baker, Boris McGiver, Caleb Dolden, Emilie Bierre e Luciano Leroux protagonizan a série, que se estrea o 10 de outubro.