Kaos

66

NETFLIX / Kaos. Nesta versión da mitoloxía grega en clave de comédia negra e ambientada na época contemporánea, Jeff Goldblum interpreta a Zeus, aparentemente todopoderoso pero desesperadamente inseguro e vingativo, que unha mañá esperta e descubre que ten engurras. A neurose apodera-se del e o leva por un camiño perigoso e paranoico, convencido de que a súa caída está próxima. Hera (Janet McTeer), raíña dos deuses, descubre que a crecente paranoia de Zeus a obriga a actuar. Hades (David Thewlis), o antes fiábel irmán de Zeus, está a perder en segredo o control do inferno a medida que se acumulan os mortos. O fillo rebelde de Zeus, Dionisio (Nabhaan Rizwan), está fóra de control e encamiña-se cara unha colisión cósmica co seu pai. A estrea, o 29 de agosto.